Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente repara un vertido de augas fecais ao Río Pexegueiro procedente de Cesantes

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente da por arranxado un punto negro na rede de saneamento que durante os últimos anos viña provocando un vertido de augas fecais na Estrada O Pereiro(Cesantes). A vertedura cruzaba 400 metros de fincas e vivendas particulares ata desembocar no Río Pexegueiro.

Un caso que foi posto en coñecemento da Concellería a finais do mes de xullo e cuxa reparación supuxo, segundo explican dende Medio Ambiente, unha tarefa complicada. De feito, foi preciso realizar inspección con fibra óptica para detectar a procedencia do vertido que non foi localizada ata mediados de setembro. 
As actuacións foron realizadas pola concesionaria Aqualia. Durante as actuacións de busca  foron reparadas de forma inicial na Estrada O Pereiro zonas da rede de saneamento que tiñan fisuras, pero o vertido continuaba polo que se cambiou de lugar e comezouse a traballar na contorna da canalización das estrada nacional sendo o resultado positivo.
Unha vez atopado o lugar exacto do vertido comprobouse que se debía a problemas nas xuntas da canalización situada debaixo do cruce da N-550 polo que se procedeu á colocación dunha manga duns 60 metros de lonxitude polo interior da tubaxe para evitar obras na estrada nacional. Malia  que a reparación foi realizada a primeiros de Outubro dende a Concellería gardouse un tempo prudencial e se visitou varias veces o lugar ata poder anunciar, que salvo novas incidencias o vertido dáse por reparado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará