O programa conta cun investimentos de 257.000 euros, cofinanciados pola xunta (80%) e o concello (20%) e ten como obxectivo que catro de cada dez participantes acaden un emprego. Por ese motivo impartiranse accións formativas, de orientación, asesoramento e desenvolveranse prácticas laborais en empresas. As persoas interesadas poden solicitar información no Centro de Formación Municipal A Marisma, no Paseo do Pexegueiro (ao carón da piscina).
O programa Integrado de Emprego está dirixido a 100 persoas desempregadas, tendo preferencias aqueles que se atopen en situacións especialmente vulnerables (desempregados menores de 30, maiores de 45, persoas con discapacidade…) e márcase como obxectivo unha inserción do 43%.
Dentro do proxecto desenvolveranse accións de formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e motivación para a procura do emrpego, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora así como formación para o emprego, impartíndose por exemplo o certificado de actividades auxiliares de almacén,
Os usuarios accederán tamén a prácticas profesionais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das acciones formativas.
Todas as accións que se fagan no programa non suporán custe algún para as persoas desempregadas e os participantes percibirán unha bolsa por día de asistencia de 5 euros.
Para máis información os interesados poden acudir ao Centro de Formación Municipal A Marisma, en el Paseo del Pexegueiro e no teléfono 986 402 664. Tamén poden solicitar a súa participación nas oficinas de emprego solicitando na súa demanda o servizo 930 de “Programas experimentais.”