Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gonzalo: “Todos os xogadores do Choco están moi comprometidos e o equipo compiten a un bo nivel”

RR_Noticias

Gonzalo Fernández, “Gonza” o técnico do CD Choco amósase moi satisfeito co rendemento do equipo e advirte que “hai que darlle moita importancia aos 20 puntos acadados e á situación na táboa”. O conxunto redondelán é 6º, a un punto da promoción de ascenso.

No empate do pasado domingo ante o Arousa, o equipo redondelán estivo por detrás en tres ocasións e en todas conseguiu a igualda. O conxunto de “Gonza” non baixou os brazos e pelexou aa o último minuto, un cambio de tendencia con respecto a encontros anteriores que o técnico valora como al “moi positivo”. Fernández valora o rendemento do equipo nesta primeira volta e agarda porder competir a este mesmo nivel “sen baixar o pistón” para certificar a permanencia canto antes. Malia comezar a liga con algunhas baixas, o equipo non se resinte, algo que destaca “Gonza” como unha importante cualidade do cadro de xogadores xa que “calquera que salga no once faino ben”. Salienta que todos están “moi comprometidos co club e o traballo semanal é sempre moi bo”. Pontellas-Choco O sábado visitan o campo do Pontellas, rival situado na parte baixa da táboa que, logo de perder os tres últimos partidos, se achega perigosamente aos postos de descenso. Por iso no llo van poñer doado ao Choco, xa que están moi necesitados de puntos e o campo do Pontellas “sempre é un campo difícil”, apunta “Gonza”. A cita é ás 16.30 horas no terreo de San Campio.

Gonzalo Fernández técnico do Choco
Fernández valora o rendemento do equipo nesta primeira volta e agarda porder competir a este mesmo nivel "sen baixar o pistón" .
Equipo comprometido
Gonzalo salienta que todos están "moi comprometidos co club e o traballo semanal é sempre moi bo".
Pontellas-CD Choco
O sábado visitan o campo do Pontellas rival situado na parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará