Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura manterá a exposición do Multiúsos e rexeita as críticas que falan de incitación ao odio

RR_Noticias

A exposición “Criminalización do Pensamento” do Colectivo Republicano seguirá no Multiúsos malia as reiteradas peticións por parte de dous sindicatos policiais (UFP e SUP), ás que se sumou tamén Partido Popular, e que pedían a súa retirada. Así o confirma o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, quen lembra que era obriga do goberno local repoñer esta mostra que fora censurada polo goberno de Javier Bas “dando así cumprimento a un acordo plenario”. Defende tamén o seu contido “non son imaxes manipuladas como din os que a critican, son todas elas fotografías que nalgún momento saíron nos medios de comunicación” e nega rotundamente que a mostra “incite ao odio”.

Neste sentido, entende que toda a polémica levantada en torno a esta mostra está acrecentada “por atoparnos en plena campaña electoral”. O único que lle molesta dos que a critican é que se falte a verdade cando se afirma que se trata de imaxes manipuladas, xa que “todas elas foron publicadas en prensa”, dende as que recollen as mobilizacións das traballadoras de Telanosa, pasando polas protestas do 1 de outubro en Cataluña ou as mobilizacións contra os desafiuzamentos. Boullosa conclúe afirmando que o único que fai esta polémica é “dar máis pulo e animar a máis veciños a achegarse a esta exposición” que permanecerá no Multiúsos ata o vindeiro 30 de novembro.  

Daniel Boullosa Edil Cultura
Explica que a reposición da cumprimento a un acordo plenario
Imaxes publicadas en prensa
En ningún caso manipuladas
Posible denuncia
Non comparte as críticas que falan de incitación ao odio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará