Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre “Menores e apostas” no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

En pleno proceso de presentación de alegacións contra a casa de apostas que se prevé instalar na rúa Ernestina Otero, este mércores  ás 19:00 horas unha charla da Asociación Érguete aborda no Multiúsos precisamente as consecuencias e a incidencia das apostas entre os adolescentes. A conferencia correrá a cargo da psicóloga e investigadora da Universidade de Santiago, patricia Gómez Salgado.

Unha actividade enmarcada dentro do Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Adictivas da Xunta de Galicia que a asociación Érguete está a desenvolver no Concello de Redondela. Un programa que ten por obxectivo traballar coas familias en diferentes ámbitos vinculados con hábitos pouco saudables que podemos detectar entre os adolescentes.
A primeira das charlas será este mércores día 13 ás 19.00 horas no Multiusos da Xunqueira
Baixo o título “Preocupémonos: Menores e apostas” e será impartida por Patricia Gómez quen falará sobre cal é o estado actual da cuestión, que din os datos máis recentes da nosa comunidade sobre a incidencia das apostas entre os mozos e mozas ou cales son as motivacións dos adolescentes á hora de apostar. Tamén se tentarán aclarar cuestión como cales son outros comportamentos relacionados con este hábito e tentaranse das pautas sobre que é o que poden facer as familias para axudar a previr isto, no marco dunha responsabilidade social compartida.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará