Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Atlético de Vilar camiña con paso firme cara a permanencia

RR_Noticias

O equipo redondelán da Segunda Galega está a facer un bo comezo de temporada. Logo de 10 xornadas son 9º na táboa con 15 puntos logo da contundente vitoria deste pasado domingo ante o Xinzo. O adestrador, Jorge Iglesias, confía en seguir nesta boa senda e acadar canto antes os puntos que lle garantan a permanencia.

O partido da última xornada “púxose de cara” nos primeiros minutos cun 2-0 no marcador que lles permitiu afrontar o resto do encontro “con tranquilidade”, segundo Iglesias Anido. A chuvia, que deixou o terreo de San Martiño “impracticable” foi tamén protagonista dun partido que rematou cun 4-1. Importante vitoria sobre o Xinzo, que podería ser un dos seus rivais directos pola permanencia. Con paso firme o equipo de Vilar está a cumprir co seu obxectivo, que non é outro que o de garantir a salvación “canto antes”. O técnico advirte que a boa situación do equipo logo de 10 xornadas “non permite confiarse”, xa que a liga está moi apertada, e encadear dúas vitorias ou dúas derrotas “pode poñerte en fase de ascenso ou en postos de descenso”. San Esteba-Atl.Vilar O seu próximo rival é o San Esteban, ao que se miden este domingo. Trátase dun dos rivais directos pola permanencia, como apunta Iglesias Anido. Un recén ascendido co que se miden no Novo Mirador de Beade, ás 16.30 horas. O técnico do Atl. Vilar confía en traer un resultado positivo.  

Jorge Iglesias adestrador
O partido da última xornada "púxose de cara" nos primeiros minutos cun 2-0 no marcador que lles permitiu afrontar o resto do encontro "con tranquilidade".
A clasificación está moi igualada
O técnico advirte que a boa situación do equipo logo de 10 xornadas "non permite confiarse" xa que a liga está moi apertada.
San Esteba-Atl.Vilar
Trátase dun dos rivais directos pola permanencia como apunta Iglesias Anido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará