O Concello de Soutomaior acaba de sacar a concurso público a explotación da cafetaría do Centro Social da 3ª idade situado na alameda de Tallo Río, no centro de Arcade. Unha concesión coa que o goberno local quere estimular o funcionamento deste centro e para a que achega unha subvención de até 6000 euros anuais. O prazo da concesión é de tres anos prorrogable ate catro e a presentación de ofertas finalizará o 23 de novembro.
O principal requisito para acceder á concesión é o de contar cunha experiencia mínima dun ano no sector da hostalaría. Unha condición que en todo caso deberá cumprir polo menos un dos traballadores adscritos á execución do contrato. O prazo da concesión será de tres anos, ampliable a catro, desde a data de formalización.
Para estimular o funcionamento do centro cunha oferta de calidade, o goberno local destinará unha achega máxima de 6.000 euros anuais que se farán efectivos unha vez terminada cada anualidade da explotación, ao mes seguinte da seguinte anualidade.
Esta licitación ten carácter exclusivamente electrónico, polo que os licitadores deberán presentar as súas ofertas de maneira telemática a través da ferramenta de preparación e presentación de ofertas da Plataforma de Contratación do Sector Público. Interesar poden acceder a toda a información na páxina web do Concello, www.soutomaior.gal, ou nas oficinas da Casa do Concello no seu horario de atención ao público.