Un home de 80 anos de idade, J.C.M. veciño de Tuimil falecía na mañá de onte domingo logo de ser atropelado por un vehículo cando camiñaba pola estrada, nun tramo de vía na zona do Viso estreita e sen beirarrúas. A muller que conducía o vehículo e que atropelou ao home deu negativo nos controis de drogas e alcohol.
Os feitos tiveron lugar ao redor das 11:30 horas deste domingo na estrada EP-2901 e ao lugar desprazáronse axentes da garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Vigo e o Baixo Miño e axentes da policía Local e Policía Nacional. Tamén acudiron ao lugar do suceso unha ambulancia con persoal sanitario que nada puido facer pro salvar a vida do octoxenario.