Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cando os BOE se converten en fonte de documentación histórica

RR_Noticias

A cesión de Boletíns oficiais e Aranzadis da década dos 30, procedentes do arquivo municipal ao Colectivo republicano, supón un importante legado histórico para esta asociación. Unha documentación histórica que ata finais deste mes se pode ver dentro da exposición Criminalización do pensamento, no Multiúsos da Xunqueira, e que poderá ser consultada no futuro por calquera persoa que teña interese nese período histórico.

“Valor literario ningún ,valor histórico todo” así resume a relevancia desta documentación a responsable do arquivo municipal Ana Gesteira. Trátase de varios exemplares de BOEs, BOPs e Aranzadis que inexplicablemente chegaron ata os nosos días “perdidos entre os centos de documentos que obran en poder do Concello”. Unha documentación que perde validez e caduca rapidamente ao tratarse de lexislación e normativa que afecta a un período concreto pero que pasados 90 anos teñen unha importante relevancia histórica, principalmente por tratarse de boletíns que recollen a documentación administrativa que se publicou neses anos da II república, o golpe de estado e a guerra civil e que, polo tanto, fan referencia a un período moi concreto e moi delicado como foron os anos que van do 30 ao 39. Ademais de referencias xerais atopamos tamén páxinas dedicadas a Redondela “por exemplo, os chamamentos a filas para aqueles que non se alistaron”. Unha documentación que estes días se pode ver nas vitrinas que completan a exposición Criminalización do pensamento. O acordo de cesión asinado co Concello permite que o Colectivo Republicano pase a ser o titular desta documentación que deberá estar accesible a todos aqueles que por calquera interese ou pola necesidade de facer algún tipo de trabalo histórico, poidan acceder a eles sen restricións.  

Ana Gesteira Arquivo municipal
Unha documentación con relevancia histórica
Cesión ao Colectivo Republicano
Acceso aberto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará