Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colapso no centro de saúde de Arcade ao non cubrírense as baixas dos médicos

RR_Noticias

O BNG denuncia atrasos na atención primaria en Soutomaior e convocan unha manifestación en defensa da Sanidade pública para o vindeiro domingo 1 de decembro. Unha nova protesta ante a negativa do Sergas a cubrir as baixas dos facultativos e que se traduce nun incremento nas listas de espera. Aseguran que obter unha cita de atención primaria demórase por máis de 10 días.

O centro de saúde de Arcade volveu sufrir un novo colapso despois de que o SERGAS se negase a cubrir a ausencia dun dos facultativos. Esta situación está a provocar que a listas de espera dos veciños de Arcade para ter unha cita se demoren ata os 10 días, ou que haxa veciños que mesmo teñan problemas laborais por non teren médicos que lles asinen as baixas.
O portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que “os veciños de Soutomaior non merecen padecer esta situación e responsabilizou ao PP dea Xunta de desmantelar a sanidade publica”.
Unha situación que din “repítese varias veces cada ano porque somos un concello cuns cupos sanitarios absolutamente disparatados. Non pode ser que con 7300 habitantes teñamos 3 médicos cando concellos de veciños de 6000 habitantes teñen 4”. Por este motivo convocan unha manifestación en defensa da sanidade pública para o vindeiro domingo 1 de decembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará