Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación buscará unha solución provisional para que o novo colexio Igrexa teña calefacción

RR_Noticias

A Consellería trasladoulle a deputada provincial do PP, Carmen Amoedo, a súa intención de poñer en marcha a caldeira do centro educativo de Chapela “botando man doutro tipo de subministro” mentres non se realicen as obras pendentes para enganchar coa acometida de gas natural. Aseguran que están buscando cao unidade técnica unha solución provisional para que o colexio conte con calefacción no menor tempo posible e “resolver a inoperancia do goberno local por non dar solución a este problema”. Declaracións que se producen a tan só unhas horas da reunión que a alcaldesa ten co Delegado territorial de educación.

Educación ve “inadmisible que a 20 de novembro o concello non teña posto en funcionamento a calefacción”. A deputada provincial de voceira do PP en Redondela, Carmen Amoedo reuniuse co xefe territorial de educación, César Pérez Ares, ao que lle trasladou a preocupación dos pais pola “inacción a Concellería de educación e a propia alcaldesa” neste asunto, asegurándolle o representante da Xunta que está estudando a posibilidade de poñer en marcha a caldeira con outro tipo de subministro mentres non se realice a obra por parte do Concello.
O delegado territorial decidiu tomar cartas no asunto porque a Directora do Centro amosoulle unha gran preocupación pola situación que están vivindo a estas alturas do curso, ademais de que non se cumpre a normativa ao non contar o colexio con auga quente, explican dende o PP.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará