A Concellería de Medio Ambiente e a Deputación resolven unha conexión directa de augas pluviais na rede de saneamento que viña producíndose durante os últimos anos na estrada O Pereiro en Cesantes. Unha conexión que os técnico cualifican de “inexplicable” onde miles de litros de augas pluviais que se mesturaban con augas fecais chegando a depuradora de Redondela e aumentando o seu caudal día tras día de choiva durante os últimos anos.
A Concellería de Medio Ambiente e a Deputación resolven unha conexión de augas pluviais na estrada provincial que sube ao Viso coa rede de saneamento do Concello. Unha conexión que foi atopada nas actuacións que se realizaron en setembro para localizar o vertido de augas fecais que chegaba ata o río Pexegueiro que foi arranxado no mes de Outubro .
A empresa concesionaria emitiu un informe da incidencia e informou ao Concello do gran problema que supuña toda esa auga entrando na rede de saneamento. Dende o departamento de Medio Ambiente, unha vez analizadas as competencias da estrada foi enviado de forma administrativa un oficio a Deputación de Pontevedra acompañado do dito informe para que procederan a solucionar o problema detectado. A semana pasada unha empresa realizou os traballos de reparación que consistiron en desconectar a conexión indebida e na colocación dun pozo de rexistro, para recoller as augas e dirixilas a un canal de pluviais que hai debaixo da estrada.