O edificio foi reformado e ampliado pasando de 112 a 190 metros cadrados. A obras contou cun investimentos de 150.000 euros financiados polo Sergas. As novas instalacións contan cunha consulta de medicamento xeral, unha sala de enfermaría, unha consulta de matrona-pediatría, unha sala de espera xeral e unha nova sala de espera pediátrica ademais de diferentes espazos destinados ao uso dos profesionais, como o novo almacén, os vestiarios e aseos.
O ambulatorio recupera este luns día 2 así o seu funcionamento normal despois dos traballos de reforma e ampliación nos que o ente autonómico investiu 150.000 euros e que serviron para incrementar a súa superficie desde os 112 aos case 190 metros cadrados.
O obxectivo dos traballos de reforma e ampliación do ambulatorio é dar resposta ás demandas da veciñanza que reclamaban un centro de saúde máis moderno e coas condicións necesarias para prestar un servizo sanitario de calidade. O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, destacou que “a entrada en servizo do centro de saúde supón un gran paso adiante na calidade da atención sanitaria para o noso municipio”.
Tras a reforma, o novo centro de saúde conserva as características propias da edificación orixinal, mantendo a súa tradicional imaxe grazas á conservación das fachadas e a unificación da cuberta.Ademais, o novo edificio é completamente accesible desde o exterior ao incorporar unha entrada adaptada a persoas con diversidade funcional.
Durante os traballos de reforma no vello ambulatorio,o Sergas dotou a Pazos de Borbén dun Punto de Atención Móbil para evitar os desprazamentos da poboación a outros concellos. Con esta medida, o departamento sanitario garantía que a poboación fose atendida no mesmo lugar e recibindo a mesma asistencia prestada polas súas propios profesionais.