Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior solicita a titularidade da antiga escola de Oliveira para usos culturais e de formación

RR_Noticias

O pleno municipal de Soutomaior aprobou solicitar á Xunta de Galicia a conversión a titularidade municipal do edificio completo da antiga escola infantil de Oliveira e das casas para profesores adxacentes. O moción, aprobada por unanimidade, ten como obxectivo ampliar os espazos de uso público para dar resposta ás demandas da veciñanza e de diversas asociacións.

Tras a entrada en servizo do IES Soutomaior a inicios do curso pasado e o traslado dos alumnos de infantil ao CEIP PadinTruiteiro, a antiga escola de Oliveira quedou desocupada sen ningún proxecto para o seu aproveitamento. Por iso, e ante a falta de iniciativas, o Concello de Soutomaior decidiu solicitar agora a conversión a titularidade municipal do inmoble completo para destinalo a usos culturais, sociais e de formación.
Segundo indicou o alcalde, Agustín Reguera,é un edificio que se usou durante 50 anos e que aínda pode ser valioso para o futuro do noso municipio. A intención é recuperalo e aproveitalo para que poida acoller todo tipo de actividades e iniciativas sociais e culturais.
Ademais da antiga escola, a moción aprobada contempla a solicitude de desafección de tres das casas que tradicionalmente se destinaban á vivenda dos mestres. A escola de Oliveira contaba cun total de 6 vivendas, das que tres xa foron desafectadas en 2014, polo que, en caso de aprobarse a petición, conseguiríase recuperar todas as casas, evitando a súa deterioración e aproveitándoas para usos municipais.
A solicitude será remitida á Consellería de Educación nos próximos días para a súa avaliación e resolución, que desde o Concello esperan que sexa positiva como xa o foi no seu momento para a desafección do tres primeiras casas dos mestres, dous delas destinadas actualmente á Escola de música da banda de música Artística de Arcade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará