Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior sae a rúa en defensa da sanidade pública

RR_Noticias

Os veciños de Arcade e Soutomaior volveron protagonizar este domingo unha gran marcha en defensa da sanidade pública que, segundo denuncian, sofre incontables carencias no municipio. Entre as demandas principais que levaron aos veciños a se manifestar atopamos as listas de espera, con citas para atención primaria que as veces chegan demorarse ata dez días. Por este motivo reclaman máis médicos e persoal sanitario para os centros de saúde de Arcade e Soutomaior.

Non é a primeira vez que os veciños de Soutomaior saen a rúa a reclamar melloras no servizo sanitario da localidade. Neste ocasión, foi o colapso sufrido no centro de saúde de Arcade semanas atrás logo de que o Sergas se negase a cubrir a ausencia dun dos facultativos o que levou ao BNG a convocar a protesta. Aseguran que se trata dunha situación recorrente que provoca longas listas con demoras de ata os dez días para poder ter unha cita.
Unha situacións da que responsabilizan ao PP por manter neste concello “cupos sanitarios absolutamente disparatados. Non pode ser que con 7300 habitantes teñamos 3 médicos cando concellos de veciños de 6000 habitantes teñen 4”.
Dende o BNG presentaron tamén, a través do seu grupo parlamentar unha emenda aos orzamento da Xunta na que demandan máis médicos e persoal para sanitario para Soutomaior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará