O sinistro producíase ás cinco da madrugada de hoxe cando un vehículo procedente do camiño das Cabritas, que une a parroquia de Quintela con Nespereira, colidía contra unha furgoneta que nese momentos estaba circulando en sentido ascendente. Por mor do golpe, o seu condutor perdeu o control caendo dende un muro de aproximadamente tres metros de altura a unha propiedade privada.
Malia o aparatoso do accidente non hai que lamentar feridos graves, tan só o condutor da furgoneta sufriu algunhas contusión de carácter leve que non lle impediu saír polo seu propio pe do vehículo sinistrado. Producíronse iso sí danos materiais nos vehículos implicados.