Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Soutomaior por abusos sexuais a pasaxeiras do tren Madrid-Vigo

RR_Noticias

Un veciño de Soutomaior foi detido o luns pola Policía Nacional como presunto responsable de abusos sexuais a pasaxeiras da liña de tren  entre Madrid e Vigo. O arresto produciuse tras  unha investigación iniciada o pasado mes de agosto por mor da denuncia de Renfe ante a brigada móbil da Policía, con base na estación madrileña de Chamartín. Na denuncia faríase constar os supostos tocamentos aos que un viaxeiro sometía ás pasaxeiras.

Dous axentes viaxaron de paisano no tren para tratar de localizar ao sospeitoso, que foi finalmente interceptado esta semana. Para o seu arresto, que se produciu entre Arcade e Vigo, pediuse a colaboración de unidades  policiais da Comisaría viguesa en previsión dunha posible fuxida.
O individuo foi identificado como un veciño residente en Soutomaior, con antecedentes penais por delitos sexuais, tras ser xulgado con anterioridade en Pontevedra.
O sospeitoso foi trasladado na mañá do luns á Comisaría de López  Moura, onde onte permanecía en calabozos á espera de que pase a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará