Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Confirman a condena de 41 anos de prisión para o home que asasinou un mozo na praia de Arealonga

RR_Noticias

A Sala do Civil e Penal de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de 41 anos de prisión imposta pola Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra a José Luís Luna Pereira por asasinar dun disparo a un mozo na praia de Arealonga de Chapela, durante a madrugada de San Xoán de 2017.

Ratifícase así a condena de 24 anos de prisión pola comisión dun delito de asasinato, de 10 anos polo intento de asasinato a outro mozo e de cinco anos por intento de homicidio aos dous axentes da Policía Nacional que o detiveron. Así mesmo, mantívose a imposición doutros dous anos de cárcere por un delito de tenencia ilícita de armas ao acusado.
Os maxistrados rexeitaron a argumentación da defensa ante o feito probado que detalla que “o acusado, cando recibiu a orde dos axentes de policía apuntados de que se detivese e mostrase as mans,” meteu a man na bandoleira “coa intención de sacar o revólver que alí portaba”, aínda que non o logrou pola actuación dos axentes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará