Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección no Multiúsos da película documental “Arraianos” de Eloy Enciso

RR_Noticias

Normalización Lingüística continua co ciclo dedicado ano Novo Cinema Galego que inclúe un total de catro longametraxe e que arrancaba a semana pasada co título “O que arde” de Oliver Laxe. Hoxe xoves a película elixida é o documental “Arraianos”, unha crónica sobre unha pequena vila perdida nas montañas da fronteira entre Galicia e Portugal. A proxección será ás 20:30 horas e a entrada, que se pode retirar no propio Multiúsos, ten un prezo de 2 euros.

Aurora Salgado, Antonio Ferreira, Eulalia González e Celsa Araujo dan vida aos habitantes desta comunidade rural que se resiste a desaparecer. Unha película na que os momentos de ficción coexisten coa vida diaria dos veciños e que colleitou premios destacados como o do Festival de Lorcano. En vindeiras semanas poderase asistir tamén á proxección de “Mamasunción” de Chano Piñeiro (21 de decembro)  e “Trinta lumes” da redondelá Diana Toucedo (26 de decembro).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará