A Alameda Castelao de Redondela acollerá na vindeira semana, do 20 ao 24 de decembro, un Mercado de Nadal que estará centrado na venda de produtos típicos destas datas como accesorios, agasallos, adornos ou doces, entre outros. As bases están a disposición dos interesados na web do Concello e as solicitudes poden presentarse do 9 ao 13 de decembro
O Mercado de Nadal, que amais da venda de produtos propios destas datas busca ser un dinamizador do comercio de proximidade, abrirá as súas portas o venres 20 de decembro e estará aberto ata o día 24.
As persoas interesadas en participar neste Mercado de Nadal, poden consultar as bases na páxina web do Concello (http://redondela.gal/) e as solicitudes poderán presentarse ata o 13 de decembro.
O mercado inaugurarase o venres 20 ás oito da tarde e estará aberto os días 21, 22 e 23 de decembro de 10:30 h a 13:30 horas e de 16:30 h a 20:30 horas. Pechará ás 14:00 horas do día 24.