Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde, capital do mushing galego

RR_Noticias

O mushing é unha modalidade deportiva procedente dos países nórdicos na que o can está unido cun arnés e unhas cordas ao corredor. Unha disciplina que conta en Galicia con numerosos seguidores que fan da nosa comunidade toda unha potencia. Esta domingo día 15, da man do Club Canicross de Vigo en colaboración co Concello, celébrase nas inmediacións de Chan das Pipas en Saxamonde o Campionato galego de mushing terra coas probas de Canicross, Bikejoring e Patín.

Os afeccionados a este deporte buscan gozar da natureza compartindo a paixón por correr co seu can. Para practicalo non é preciso contar cun can dunha raza específica, tan só contar cun animal que resista correndo varios quilómetros e que adoitan ser exemplares de 20 ou 30 kilos.
O domingo a partir das dez da mañá celébrase na contorna do Chan das Pipas unha competición sobre un circuíto de 4.800 metros, no que se disputarán as  tres modalidades: patín con saída ás 10 horas; bikejoring ás 10:30 horas e, finalmente, canicross, con saída prevista ás 11:15 horas. A proba é puntuable para o Campionato galego Mushing Terra.
O Concelleiro de Deportes do Concello de Redondela, Nacho González, expresaba a súa satisfacción “de que Redondela sexa un referente no mushing galego, un deporte que cada día ten máis seguidores e seguidoras nas súas diferentes modalidades”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará