O grupo Casa Paco 81 entrega este mércores no Pavillón da Marisma ás 18:00 horas unha placa de recoñecemento á presidenta da fundación Érguete, Carmen Avendaño, pioneira na súa loita contra o narcotráfico. O club mantén ademais ata finais de mes a súa campaña de recollida de alimentos na mesma instalación deportiva.
O presidente do club, Manuel Conde, destaca o mérito de Carmen Avendaño como loitadora incansable contra a droga e polo ben da xuventude. A iniciativa do club busca poñer en valor o labor daquelas persoas que traballan polo ben de todos. O acto será no pavillón de deportes da Marisma, espazo no que tamén se recollen alimentos non perecedoiros que serán entregados á Cáritas para o seu posterior reparto entre aqueles que os precisen. Dende o LCub animan aos veciños a participar do acto de mañá así colaborar doando produtos de alimentación e hixiene.