A Concellaría de Medio ambiente despois das chuvias torrenciais acaecidas este mércores 18 e previndo que as fortes precipitacións continúen os próximos días, decidiu pechar o paseo que transcorre á beira do río Maceiras para evitar posibles incidencias. Xa onte pechaban unha das pontes, na zona da Rabadeira, que da aceso a este paseo polos danos que presentaba a infraestrutura. Hoxe amplían o peche que afecta xa a todo o paseo.
Explica o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, que consultados os técnicos do Concello decidiuse esta mañá pechar o paseo namentres duren as fortes chuvias e a crecida natural do río.
En canto á ponte peonil xa clausurada onte explican que se trata dunha zona historicamente afectada pola crecida do río nas temporadas de outono e inverno. Unha crecida do río Maceiras que estes días é patente, cubrindo pontes e baixando o seu cauce a unha alta velocidade o que “fai que neste momento se poña en perigo a seguridade do paseo peonil nas beiras do río Maceiras”.