Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello suspende as actividades de rúa polo mal tempo

RR_Noticias

A festa solsticio de inverno prevista para a tarde deste sábado e os concertos de Cé Orquestra Pantasma e Paco Nogueiras que se ían celebrar o domingo, finalmente foron cancelados ante as previsións de mal tempo para a fin de semana. Si se mantén o Mercado de Nadal que se celebrará na Alameda de Castelao do 20 ao 24 de decembro e que se inaugura ás 16:30 horas de hoxe venres.

Un atractivo e xa tradicional Mercado de Nadal aquí en Redondela que estará centrado na venda de produtos típicos destas festas como accesorios, agasallos, adornos ou doces, entre outros.
O Mercado de Nadal busca ser un dinamizador do comercio de proximidade, abrirá as súas portas o venres 20 de decembro ás 16:30h e estará aberto ata o dia 24 de decembro ás 13:30 horas.Os días 21, 22 e 23 de decembro, o Mercado de Nadal estará aberto de 10:30h a 13:30horas e de 16:30h a 20:30 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará