Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local esixirá a Renfe un mellor servizo ferroviario para Redondela

RR_Noticias

A alcaldesa, Digna Rivas, amosou o seu rexeitamento “a calquera medida que aminore os servizos que se prestan á veciñanza”. O goberlo local e o resto de partidos na corporación amosaron a súa preocupación pola decisión de Renfe de eliminar a venda presencial de billetes na estación de Redondela. Con todo, advirte Rivas que hai outros problemas máis graves que se arrastran desde hai anos, polo que demandan un aumento da frecuencia das liñas de proximidade, e tamén máis liñas de medio e longo percorrido.

O goberno local entende que a eliminación da venta física de billetes a partir o 1 de xaneiro terá certa repercusión para os viaxeiros “pero non é o maior problema que presenta o servizo ferroviario en Redondela”. Por iso desde o Concello solicitaron unha xuntanza co responsable de Renfe en Galicia, que se celebrará despois das vacacións de Nadal, e na que demandarán unha mellora nos servizos ferroviarios. A alcaldesa advirte que deben comezar “por un aumento da frecuencia das liñas de proximidade, xa que nos últimos anos percíbese un descenso do servizo e das paradas en estacións e apeadeiros, como o de Chapela”. Sinla tamén a importancia de que Redondela, como cuarto Concello da provincia, conte con maior frecuencia ferroviaria en liñas de media e longo percorrido. Lembra que a estación redondelá tamén presta servizo a veciños da doutros municipios como Fornelos, Pazos de Borbén, Mos ou O Porriño. A alcaldesa sinala que desde o goberno local apostan “por unha mellora do transporte público colectivo como medio máis sostibles e respectuoso co medio ambiente”, por iso rexeitan o recorte dos servizos ferroviairios. Críticas desde o PP Desde o PP anunciaron que presentarán iniciativas en todas as institucións nas que están presentes (Congreso, Parlamento de Galicia, Deputación e Concello) para que se manteña a venda de billetes de maneira presencial en todas as estacións de tren. A voceira do PP redondelán, Carmen Amoedo, sinala que esta decisión de Renfe é unha nova mostra “da falta de peso político” da alcaldesa dentro do PSOE. Rivas rexeita as críticas e advirte que o deterioro do servizo ferroviario en Redondela “comezou hai anos, xa en 2015, cando gobernaba o PP en Redondela e Fomento decidiu eliminar ese servizo na nova estación dos Eidos”. Desde o BNG tamén expresaron o seu rexeitamento frontal “a unha decisión tomada con premeditación” e advirte que o peche dos despachos de billetes “responde os plans de Adif de desmantelamento deste medio de transporte público na comarca para a súa posterior provatización”. Os nacionalistas apostan polo tren como un medio de transporte “eficiente e rendible, que permite reducir as altas taxas de contaminación”.

Digna Rivas alcaldesa
O goberno local esixirá a Renfe un mellor servizo ferroviario para Redondela
Transporte público sostible
O goberno local aposta "por unha mellora do transporte público colectivo como medio máis sostibles e respectuoso co medio ambiente".
Deterioro do servizo desde 2015
Rivas rexeita as críticas do PP e advirte que o deterioro do servizo ferroviario en Redondela comezou hai anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará