Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O parque infantil de Santo Estevo de Negros terá que esperar ata a primavera

RR_Noticias

As obras de construción da primeira fase deste parque infantil debían ter comezado o pasado mes de outubro pero as condicións meteorolóxicas adversas impediron o inicio dos traballos nas datas previstas, segundo se sinala no informe emitido polo director da obra. Os traballos  comezarán nesta vindeira primavera, seguindo as indicacións técnicas.

O pasado 29 de novembro do 2019, o director da obra emitía un informe no que manifestaba a imposibilidade de dar comezo ás obras previstas ao estar os terreos anegados polas continuas choivas dos últimos meses.
O lugar onde se ten pensado realizar a actuación, con terras procedentes de distintos desterros, actúan a modo de esponxa propiciando o seu encharcamento.
As obras realizaranse nunha zona comprendida entre os camiños do Sapal e Costa Mouriño e consisten no acondicionamento dunha parcela para a posterior instalación dun parque infantil e unha zona deportiva para o que, o proxecto, inclúe os traballos de rozado de toda a parcela e a execución dunha rampla de acceso na súa vertente oeste.
O Concello de Redondela optou por paralizar o expediente polo prazo máximo establecido na Lei de Contratos, seguindo as recomendacións dos técnicos, polo que as obras poderán realizarse chegada a primavera sen necesidade de celebrar outro novo contrato.
A alcaldesa Digna Rivas, asegurou á veciñanza de San Estevo de Negros que a paralización dos traballos “debese exclusivamente a recomendacións técnicas de xeito que se poidan facer, posteriormente con todas as garantías necesarias”. Rivas asegurou que este aprazamento “non implica nin a perda dos fondos previstos nin moito menos a cancelación da obra”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará