Na última década o concello de Redondela foi paulatinamente perdendo veciños, tal e como o reflicte o Instituto Nacional de Estatística (INE) que sitúa a poboación actual en 29.218 persoas. Unha perda no número de habitantes que afecta igualmente aos concellos de Fornelos e Pazos que ven caer o seu peso demográfico nos últimos anos. Soutomaior é o único municipio da comarca, e un dos poucos de toda Galicia, que mantén unha tendencia á alza sumando novos veciños respecto do 2018. A comarca baixou 1.108 habitantes na última década.
Redondela volveu perder poboación durante o ano pasado. Así o pon de manifesto os datos sobre o padrón que publica o INE e que sitúa en 29.218 os habitantes do concello. Isto supón unha nova caída que nos afasta aínda máis da barreira psicolóxica dos trinta mil habitantes, cifra que non se rebasa dende o ano 2012. Hai unha década eramos 30.067 o que supón unha caída importante en tan só dez anos, froito do envellecemento poboacional e a emigración xuvenil. Por sexos son moitas máis as mulleres, 15.010 fronte a 14.208 homes.
Unha perda demográfica que afecta tamén a outros dous municipio da comarca, tanto Fornelos con 1616 veciños como pazos de Borbén con 2.999 ven diminuir os seus respectivos padróns municipais. No primeiro caso a perda é importantes, 350 veciños en tan só unha década que supón unha caída porcentual de practicamente un 18%. No caso de Pazos é significativa a caída por baixo dos tres mil habitantes malia ser a portecentaxe menor ao perder 160 habitantes.
Soutomaior pola contra volve crecer aumentando a súa poboación en 90 veciños e mantendo unha tendencia á ala que se ven consolidando nos últimos anos. Hai unha década eran 7.144, 251 menos que agora.
Como no resto dos concello o número de mulleres supera tamén ao dos homes, 3.718 fronte a 3.677.
No cómputo total a comarca perdeu nesta década 1.108 habitantes pasando do 42.336 contabilizados no ano 2010 aos 41.228 que nos deixa o último padrón con data 1 de xaneiro de 2020.