Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno negocia con Audasa a recuperación das casas dos Mestres do Colexio Igrexa para uso dos veciños

RR_Noticias

O obxectivo é recuperar a titularidade tanto destas edificacións como da parcela na que se ubica o centro educativo, actualmente en proceso de demolición, co obxecto de crear unha zona de esparexemento público. Explican dende o concello que ao longo dos vindeiros días técnicos municipais realizarán unha valoración do estado das casas dos Mestres así como da posibilidade de que sexan restauradas para uso público.

Unha empresa contratada por Audasa procede nestes días á demolición do edificio principal do centro educativo unha vez entregado o novo colexio de Cidadelle, tal e como así se establecía no documento aprobado polo pleno do concello en marzo de 2015.
Malia que o convenio recolle a demolición total das edificacións, incluídas as casas dos mestres anexas, e a ocupación total da parcela por parte da concesionaria da ap-9, estas actuacións non se van realizar polo de agora logo dun compromiso do goberno local con Audasa.
Nas reunión mantidas coa empresa e na que particparon os concelleiros de urbanismo, María Castro e Medio Ambiente, Roberto Villar, así como a alcaldesa Digna Rivas, acordouse non demoler estas edificacións e deixar un firme provisional de “zahorra” no espazo que queda logo derrube do edificio principal, en lugar da capa de formigón que estaba previsto.
“Entre estes puntos tratouse o máis importante para a cidadanía que é solicitar a Patrimonio do Estado a reversión de titularidade da parcela unha vez que Audasa e Fomento delimiten as zonas de dominio público que precisan reservar para o servizo da autoestrada” explican dende a alcaldía.
Unha vez obtida a reversión o Goberno local estudará e tratará coa veciñanza e grupos políticos diversas propostas para realizar un proxecto que contemple a creación dunha zona de esparexemento público e servizos para as entidades veciñais da parroquia tal e como ven demandado a veciñanza de Chapela nos últimos anos.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará