A Asociación Cultural de Chapela proponnos asistir ao Ciclo de teatro afeccionado que este sábado programa a obra Con Vivir (Multiúsos de Chapela 20:30 horas). En Redondela temos música con Talabarte (Mutiúsos da Xunqueira, sábado 20:00 horas) e humor co cómico vigués Miguel Lago que presenta o seu espectáculo Poñer Orde o domingo tamén no Multiúsos.
A obra “Con vivir” do grupo Expresión Teatro da Sociedade Cultural os Carballiños é a proposta que nos deixa esta fin de semana o VIII Ciclo de tratro afeccionado de Chapela. Un espectáculo en clave de comedia orientado ao público adulto que recolle diferentes sckets para falar das relaciones sociais en ámbitos diversos: familiar, laboral, sentimental, pero sempre con humor. Será o sábado ás 20:30 horas con entrada de balde ata completar o aforo.
Tamén o sábado pero no Multiúsos da Xunqueira temos a oportunidade de asistir ao concerto de Talabarte. Quin Farinha ao violín, Kin García no contrabaixo e Pedro Pascual no acordeón diatónico propóñennos unha viaxe musical acústica, de raíz e na que non faltará a improvisación. Un concerto enmarcado no ciclo de música folk que organiza a Concellería de Cultural e cuxa entrada ten un custe de 3 euros.
O humor de Miguel Lago será o encargado de pechar a fin de semana con dúas funcións o domingo no Multiúsos, ás 18:00 e ás 20:00 horas. “Pone orden” é o título deste espectáculos que ten un custe de 12,50 euros en venta anticipada, 14 euros na billeteira.