Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha iniciativa dos comuneiros de Arcade de Riba busca implicar á rapazada na loita contra a velutina

RR_Noticias

As xornadas, de carácter lúdico e pedagóxico, desenvolveranse nas mañás dos sábados 18 e 25 de xaneiro e os participantes, nenos e nenas a partir de catro anos de idade, aprenderán a localizar os niños de avespa velutina e construír as súas propias trampas caseiras. Un xeito de concienciar sobre esta praga invasora ao tempo que se anima a rapazada a participar de actividades ao aire libre.

Unha actividade que busca sensibilizar aos pequenos cun problema medioambiental como é a presenza desta especie invasora ao tempo que coñezan o territorio e participen dunha proposta ao aire libre na que se creen vínculos entre eles. As xornadas desenvolveranse durante dous sábados consecutivos. Así este sábado 18 percorrerán o barrio para localizar os niños e se lles explicará o motivo da actividade e da idoneidade de facelo neste momento. O vindeiro día 25 aprenderán a facer as trampas caseiras para atrapar as avespas raíña e sairase ao campo xa para colocar e trampear a zona. Ambos os dous días haberá ademais merendola para os nenos. Os que estean interesados en participar poden inscribirse no enderezo cmarcadederiba@gmail.com, ou achegarse este sábado ás dez da mañá ao colexio Padín Truiteiro de Arcade dende onde partirá a actividade. O ano pasado o concello de Soutomaior retirou 220 niños de avespa asiática, unha cifra que amosa a preeminencia desta praga que está colonizando o territorio e, en moitos casos, acabando coa abella autóctona, motivo polo que é preciso actuar nesta época para evitar que esta especia continúe coa súa expansión que está sendo exponencial.  

Bruno Rodríguez Comunidade Montes
Unha actividade para involucrar aos máis pequenos
Dúas xornadas
O sábado 18 e sábado 25
Elevada incidencia
Necesario actuar para evitar o expallamento da especie

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará