Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela amosa o seu potencial turístico en FITUR

RR_Noticias

A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Turismo, Daniel Boullosa, manterán encontros con turoperadores para dar a coñecer a importancia turística de Redondela como punto de confluencia de dúas Rutas Xacobeas e participarán na presentación oficial do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño que terá lugar no stand de Turismo de Galicia. Redondela forma parte deste proxecto creado en 2019.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, asistirán á 40 edición da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2020, que se desenvolve en Madrid entre o 22 e 26 de xaneiro. Aproveitando a súa presenza na que é unha das citas máis importantes de Europa de recursos turísticos, manterán encontros con turoperadores para darlles a coñecer o enorme potencial turístico de Redondela.
Nesa liña, a rexedora local salientou a importancia de Redondela como lugar e confluencia de dúas das Rutas Xacobeas que máis afluencia de peregrinos e peregrinas rexistra, como son o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa.
Rivas chamou a atención sobre a necesidade de “apostar pola promoción turística do noso municipio como elemento dinamizador da economía local e desestacionalizador do turismo”. A presenza en Fitur, apuntaba o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, “é unha excelente oportunidade para dar a coñecer os grandes recursos turísticos naturais, culturais e históricos cos que contamos é que é preciso fomentar”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará