Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela convoca a III edición do Premio Viadutos de novela dotado con 3.000 euros

RR_Noticias

Redondela premiará con 3.000 euros ao gañador deste concurso literario que nas súas edicións anteriores recaeu nas obras “Os bicos feridos” de Ana R. Figueiredo e “A casa xunto ao volcán” de Xosé Ricardo Losada. A recepción de traballos para participar nesta III edición permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia.

A Concellería de Xuventude de Redondela presenta esta terceira edición do Certame Literario Viadutos de Novela, na que poden participar todas as persoas interesadas sempre que sexan maiores de 18 anos. Ademais, como requisito indispensable, as obras presentadas deben estar escritas en galego.
As bases do certame, que están dispoñibles tamén na web do Concello, www.redondela.gal, sinalan como características principais a orixinalidade da obra que o candidato presente e non se aceptarán aquelas que xa tiveran sido publicadas ou premiadas.
O ganador do concurso recibirá un premio en metálico por valor de 3.000 euros e terá a oportunidade de que a Editorial Galaxia edite e comercialice a súa obra.
A recepción dos textos, que deberán ter un mínimo de 100 páxinas, estenderase até o vindeiro 31 de marzo. As obras faranse chegar debidamente identificadas ao Multiusos da Xunqueira, á atención do Departamento de Xuventude, que é o encargado da recepción.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará