Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela conmemora o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto

RR_Noticias

O colectivo Republicano organiza o luns día 27 ás 19:00 horas unha charla coloquio no Multiúsos da Xunqueira no día declarado pola Unesco como a xornada internacional para render tributo á memoria das vítimas do Holocausto. A charla será conducida polo presidente do colectivo Markos Lareira e contará coa intervención do concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, Pedro Vieitez, tamén membro do colectivo republicano e Francisco Pena, fillo dun deportado aos campos nazis.

A elección do 27 de xaneiro como Día Internacional en Memoria da Vítimas do Holocausto responde ao feito de que en tal día como hoxe tivo lugar hai 75 anos a liberación do campo de concentración de Auschwitz-Bernau, o máis grande centro de aniquilación do réxime nazi en Europa durante a II Guerra Mundial. Redondela súmase aos actos que en todo o mundo se desenvolven na xornada de hoxe para non esquecer ás vítimas e ratificar o seu compromiso para loitar contra o antisemitismo, o racismo e calquera forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos. Neste caso, é o Colectivo Republicano quen organiza esta actividade que contará co testemuño de Francisco Pena, fillo de Francisco Pena Romero, un dos deportados galegos ao campo de Mauthausen. Intervirá tamén Pedro Vieitez en nome do colectivo republicano e o edil de cultura, Daniel Boullosa, quen salienta o compromiso do seu departamento por colaborar activamente con este colectivo “co obxectivo de organizar cada  mes unha charla de interese para a veciñanza”.  

Daniel Boullosa concelleiro de Cultura
Unha colaboración co Colectivo Republicano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará