Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O obradoiro de Emprego Río Pequeno inicia o servizo de comedor social cun menú halal

RR_Noticias

O taller de emprego, organizado conxuntamente polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, iniciou onte unha das actividades que esta iniciativa impulsa en beneficio dos veciños destes municipios, o comedor social. En total participaron 47 veciños inscritos a través dos servizos sociais dos dous Concellos e de Caritas Arcade.

O menú que prepararon os alumnos para a ocasión estaba composto por empanada de bonito e xoubas, lentellas ao curry e mexillóns en vinagreta como entrantes, polo ao chilindrón con arroz pilaw, e torta de requeixo con froitos vermellos de sobremesa. Ademais, o menú confeccionado para a ocasión realizouse en función dos comensais, entre os que había varios de relixión musulmá. Así, evitáronse as carnes de orixe porcina e adquiríronse pezas sacrificadas segundo establece esta confesión relixiosa.
O comedor social impulsado polo taller de emprego xurdiu como unha maneira de aproveitar os alimentos que os estudantes do ciclo preparan como parte da súa aprendizaxe. Así, os alumnos da sección de cociña poden practicar realizando estes menús e os seus compañeiros da especialidade de restaurante fano atendendo e servindo aos comensais. Esta comedor social continuará durante os 9 meses que dura o curso e repetirase periodicamente para maximizar os seus beneficios entre a poboación.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que esta é unha das múltiples iniciativas beneficiosas que levan a cabo neste obradoiro de emprego e que, sumadas á gran taxa de alumnos que atopan emprego, dan mostra do gran valor que supón para o municipio. Pola súa banda, o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, destacou esta iniciativa como “un xesto de responsabilidade social” xa que evita que se desperdicie moita comida e permite darlle o mellor fin ao facela chegar aos veciños con dificultades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará