Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior súmase ao pacto de alcaldes polo clima

RR_Noticias

O pleno da corporación apoiou por unanimidade a proposta do goberno local.A adhesión implica asumir os obxectivos marcados pola UE para o cambio climático e reducir ata o 2030 un 27% do consumo enerxético e un 40% as emisións de CO2 . Tamén se aprobou por unanimidade unha moción do BNG en defensa da sanidade pública en Soutomaior e solicitar melloras nos centros sanitarios do municipio.

A corporación municipal de Soutomaior aprobou na sesión celebrada onte a moción presentada polo goberno local para a adhesión do consistorio ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa da Unión Europea para frear os efectos do cambio climático reducindo a cantidade de emisións e o consumo enerxético. Unha vez asinado o convenio oficial, o goberno local disporá de dous anos para realizar o seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable. Unha folla de ruta que establecerá os principais indicadores e os elementos necesarios para calcular o impacto actual dos servizos municipais no medio ambiente e establecerá as estratexias necesarias para alcanzar os obxectivos marcados pola Unión Europea: reducir polo menos o 27% do consumo enerxético e o 40% das emisións de dióxido de carbono dende agora e ata o 2030.
Moción do BNG pola sanidade en Soutomaior
O BNG recibiu o apoio unánime do pleno para aprobar a súa moción en defensa da sanidade pública e que pide o cese dos recortes. O portavoz municipal do Bloque, Manu Lourenzo, sinalou que se estas mocións saen adiante “grazas a presión vecñal” e acusou ao goberno do PP “de dicir unha cousa diante dos veciños e facer a contraria”, e acusou ao alcalde, Agustín Reguera, de “defender a política sanitaria de recortes do PP”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará