Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova concentración contra a casa de apostas coa vista posta en abril

RR_Noticias

O permiso co que conta a empresa para abrir este negocio en Redondela caduca nun par de meses, e ese é o prazo do que dispoñen os seus promotores para poñelo en marcha. No caso de que nese período non logren a licenza municipal terían moi complicado a súa apertura. Dende a Coordinadora contra este casa de apostas convocan hoxe unha nova concentración ás 18:00 horas no local da Rúa Ernestina Otero e unha xuntanza posterior, ás sete no local do Colectivo Republicano nas casas dos mestres, para analizar a situación actual e estudar novas medidas de acción.

A día de hoxe aínda non comezaron a recibir resposta ás preto de 2000 alegacións presentadas no Concello e nas que se argumentaban diferentes motivos polos que, ao entender dos asinantes, non se lle debía conceder licenza a esa Casa de apostas. Unha demora que non preocupa á Coordinadora creada en Redondela contra a instalación deste negocio, máis ben ao contrario. Saben que no caso de que os seus promotores non logren a licenza municipal antes do mes de abril, deixaría de ter vixencia o permiso concedido pola Xunta, co cal terían que volver solicitalo e se verían afectados por unha normativa máis estrita. Con esa baza na man manteñen as concentracións que convocan o primeiro luns de cada mes. Será ás 18:00 horas diante do local de Ernestina Otero 47. A continuación celebrarán unha asemblea aberta na sede do Colectivo Republicano.  

Berto Covelo Coordinadora contra a casa de apostas
A licenza provisional caduca en abril
Asemblea aberta
A concentración será ás 18:00 horas e a asemblea ás 19:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará