A concellería convoca a primeira reunión dos Consellos Parroquiais que se levaban sen convocar dende hai ano e medio. Nesta primeira semana de febreiro celebraranse os consellos de Cedeira, Reboreda, Cesantes, Quintela e Chapela. Na vindeira semana terán lugar os de Cabeiro, O Viso, Ventosela, Vilar, Negros, Saxamonde e Trasmañó.
Explican dende a Concellería que estes Consellos son o instrumento de participación que permite á cidadanía e en concreto as parroquias do Concello achegar as súas inquedanzas e demandas ao concello. En cada unha das reunións abordarase a renovación dos propios consellos e analizarase unha propostas de modificación do Regulamento a fin de que as entidades poidan realizar as alegación que estimen oportunas.
Como órganos de representación territorial, os Consellos Parroquiais están integrados polo Presidente, un representante de cada grupo político con representación na corporación municipal, e polos representantes designados polas asociacións do seu sector de actuación dentro de cada parroquia como asociación de veciños, asociacións culturais, comunidade de montes, comunidade de augas, ANPA, etc.
As datas para a celebración destes primeiras xuntanzas son:
Mércores día 5: Cedeira e Reboreda
Xoves día 6: Cesantes e Quintela
Venres día 7: Chapela
Luns día 10: Cabeiro e O Viso
Martes día 11: Ventosela e Vilar
Mércores día 12: Negros, Saxamonde e Trasmañó