Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela resiste e arranca o ano con menos parados

RR_Noticias

A variación é mínima pero o dato alentador, tendo en conta que o mes de xaneiro adoita ser un mal mes para o emprego co remate dos contratos asinados para o período de Nadal. Así, mentres o mes pasado Galicia incorporou 2.447 persoas ás listas do antigo Inem, no caso de Redondela a tendencia foi á inversa, e foron 16 persoas as que se borraron do paro, ata situarnos en 1.714 persoas desempregadas. Mesma tendencia en Pazos de Borbén con 18 parados menos, mentres que Soutomaior e Fornelos de Montes seguiron a tendencia xeral cun incremento no número de persoas en busca de emprego.

Os despedimentos da campaña navideña principalmente no sector servizos adoitan marcar o arranque do ano, cun incremento neste mes de xaneiro no número de persoas inscritas nas listas do paro. Iso é o que aconteceu en Soutomaior ao sumar 18 parados máis, o que deixa un total de 615 desempregados neses concello, mentres que en Fornelos de Montes o incremento foi de 9 persoas, situándose actualmente en 159 as persoas inscritas no paro.
Tendencia que non se cumpre nin en Redondela nin en Pazos de Borbén, onde as listas do paro baixaron, no primeiro caso en 16 persoas, no segundo en 18, situándose o número de desempregados en 1.714 e 259 respectivamente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará