Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A esgrima histórica volve reunirse en Redondela

RR_Noticias

Un total de 15 salas de toda España e Portugal e máis de 60 participantes danse cita este sábado en Redondela para participar do torneo de esgrima histórica máis importante de Galicia. Organizado pola Sala Viguesa de Esgrima Antiga en colaboración coa Concellería de Deportes, desenvolverase dende as nove da mañá do sábado no Pavillón Municipal con torneo nas disciplinas de Espada e Broquel, Roupeira e Espada Longa.

A esgrima histórica é unha actividade deportiva cultural en auxe coa creación de diferentes clubs como a Sala Viguesa de esgrima antiga que dende o 2005 funciona en Vigo. Co obxectivo de espallar esta actividade, un Arte Marcial que se realiza co manexo real das armas históricas en Occidente e que en séculos pasado se empregaba nas guerras ou nos duelos, organizan este sábado a que é a III edición deste torneo. Hoxe, este arte marcial practícase mediante armas negras (romas e sen filo) e coas proteccións axeitadas. Unhas armas que empregarán os deportistas que participen este sábado na pista do Pavillón no que é o torno torneo máis grande de Galicia. Uns combates mixtos nos que homes e mulleres se enfronta indistintamente “porque é unha disciplina na que o fundamental é a destreza e a axilidade, non a forza” segundo explica o campión de esgrima histórica, o redondelán Damián Troncoso. A alcaldesa, Digna Rivas, amosaba a súa satisfacción por potenciar este tipo de deporte “as artes marciais antigas, unha disciplina aberta a nenos e maiores e na que non se establece diferenzas entres homes e mulleres”. Salientaba tamén o feito de que este torneo serva de escaparate dos atractivos turísticos de Redondela, xa que recibiremos espadachíns de Madrid, Barcelona, Bilbao, Mallorca, Oporto e Lisboa, que se aloxarán nos albergues da vila e coñecerán o noso concello.  

Damián Troncoso Sala viguesa de Esgrima
Máis de sesenta participantes danse cita en Redondela
Distintas disciplinas
Broquel roupeira e espada longa
Combates mixtos
Cuestión de destreza e non de forza
Digna Rivas alcaldesa
Un torneo que serve de escaparate para Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará