Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Participación Cidadá celebra esta semana os consellos parroquiais pendentes

RR_Noticias

Hoxe martes reúnense os Consellos de Ventosela e Vilar e para mañá mércores están convocados os de Cabeiro, Saxamonde e Trasmañó. A Concellería retomaba a semana pasada a celebración deste consello parroquiais que levaban sen convocarse dende hai ano e medio.

Explican dende a Concellería que estes Consellos son o instrumento de participación que permite á cidadanía e en concreto as parroquias do Concello achegar as súas inquedanzas e demandas ao concello. En cada unha das reunións abordarase a renovación dos propios consellos e analizarase unha propostas de modificación do Regulamento a fin de que as entidades poidan realizar as alegación que estimen oportunas.
Como órganos de representación territorial, os Consellos Parroquiais están integrados polo Presidente, un representante de cada grupo político con representación na corporación municipal, e polos representantes designados polas asociacións do seu sector de actuación dentro de cada parroquia como asociación de veciños, asociacións culturais, comunidade de montes, comunidade de augas, ANPA, etc.
En días previos xa se reuniron os de Cedeira, Reboreda, Cesantes, Quintela, Chapela, Negros e O Viso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará