Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aposta por un Entroido familiar e musical

RR_Noticias

A gran novidade desta edición do Entroido é a incorporación de ata tres concertos en Redondela e Chapela. O espectáculo infantil do Brinca Vai a cargo de Paco Nogueiras, a música dos 80 e 90 do grupo ferrolán Nuevo Plan ou o rock&soul de Broken Peach son as apostas musicais deste entroido que vivirá un dos días grandes o martes 25 coa Queima do Meco e o espectáculo “Vatra” a cargo da compañía Pablo Méndez performance. Un Meco que busca acabar nesta edición coas intencións da Autoridade Portuaria de crear un almacén de colectores en Rande.

A programación do Entroido deste ano crece en número de propostas orientadas ao público familiar, segundo explicaba a alcaldesa Digna Rivas quen participu na presentación deste programa xunto cos Concelleiros de Cultura, Daniel Boullosa e Eventos, Marta Alonso. As actividades arrancarán o sábado 22 cunha tarde orientada aos máis pequenos que inclúe obradoiros infantís de disfraces na Alameda, inchables de balde na pista da Xunqueira a partir das 17:00 horas, e un ocncerto de Paco Nogueiras co seu Brinca Vai! ás sete da tarde. O domingo a Cé orquestra Pantasma animará ás rúas xa pola mañá nun día marcado polo desfile de comparsas. Máis de vinte están xa apuntadas malia que o prazo de inscrición mantense aberto ata este venres día 14. Unhas formacións que optarán a diferentes premios en metálico, entre eles e como novidade o premio Retranca dotado con 500 euros. Día grande tamén para a cidadanía o Martes de Entroido coas tradicionais comidas e a queima do Meco que estará acompañada do pasarrúas e o espectáculo “Vatra” no que 15 bailaríns, músicos e acróbatas baixo a dirección da compañía de Pablo Méndez ofrecerán unha actuación onde non faltará o lume a partir das 19:00 horas. Un espectáculo que segundo explicaba Méndez “leva semanas elaborándose e está realizado expresamente para este día”. A xornada rematará coa música dos 80 e 90, a cargo do grupo Nuevo Plan que ofrecerá un concerto ás 20:30 horas na Alameda de Castelao. A maiores tanto o luns, martes e mércores os nenos terán a oportunidade de acceder durante a tarde a obradoiros de cociña, globoflexia e pintacaras, e de decoración de máscaras de peliqueiro. As propostas festivas seguirán o día 29 en Chapela, coa tradicional queima do berete, Un comitiva que partirá dende o alto da encarnación ás 18:00 horas e que rematará na praia de Arealonga onde a música tamén estará presente cun concerto a cargo de Broken Peach ás 21:30 horas.  

Digna Rivas alcaldesa
Un entroido transversal
Meco reivindicativo
Nesta ocasión amosa o rexeitamento aos plan da Autoridade Portuaria para Rande
Actividades infantís
Unha tarde completa no sábado 22
Enterro do Berete
Chapela tamén terá o seu concerto con Broken Peach
Pablo Méndez espectáculo Vatra
Un espectáculo feito para o martes do entroido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará