Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os centros educativos de Redondela participan no programa «Educando na Igualdade» de Érguete

RR_Noticias

Alumnas e alumnos de 1º de primaria do CEIP Igrexa-Chapela participaron nun dos obradoiros do programa “Educando na Igualdade”, unha iniciativa do Concello de Redondela, a través das concellerías de Igualdade e Servizos Sociais, e a Asociación Érguete que ten a finalidade de proporcionar, aos nenos e nenas, ferramentas de sensibilización, implicación e actuación baseadas nunha verdadeira relación de igualdade cos demais. Un total de nove centros educativos do concello participan nesta actividade.

Educando na Igualdade é un proxecto que forma parte “desa transversalidade que dende, o Goberno queremos aplicar a todas as áreas” afirmaba a alcaldesa Digna Rivas quen defende este iniciativa como nos colexios como “fundamental xa que a loita pola igualdade real e pola erradicación da violencia de xénero, ten que comezar pola educación”.
O programa, dende esa perspectiva, está dirixido ao alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria e consta dun total de 10 horas por aula distribuídos en dúas sesións grupais de catro horas dedicadas aos nenos e nenas e unha sesión final, de 1 hora de duración dedicada ás familias do alumnado participante.
Digna Rivas subliñaba a importancia da sesión dirixida as familias “que serve para darlles a coñecer as conclusións extraídas do traballo realizado cos nenos e nenas e, ao mesmo tempo, propoñer pautas de actuación e resolver as dúbidas que poidan ter as nais e pais”.
Unha vez rematada a actividade con nenos e nenas no CEIP Igrexa-Chapela, a reunión coas familias terá lugar o 18 de febreiro.
Os obradoiros Educando na Igualdade continuarán no CEIP Reboreda e no CEIP Alexandre Bóveda, os días 4 e 11 de marzo, sendo a reunión coas familias, en ámbolos dous casos, o 17 de marzo.
Os días 18 e 25 de marzo desenvolverase o obradoiro no CEIP Cedeira e as reunións coas familias, o 21 de marzo.
O CEIP Laredo e o CEIP Outeiro das Penas, participarán no programa Educando na Igualdade os días 15 e 22 de abril e a reunión para as familias será, en ambos casos, o 28 de abril.
O CEIP Santa Mariña acolle esta iniciativa os días 29 de abril e 12 de maio e a reunión cos pais queda fixada para o 12 de maio.
Pola súa banda, o CEIP Quintela terá os seus obradoiros os días 13 e 20 de maio e a reunión coas familias o 26 de maio e, finalmente, o CEIP Porto Cabeiro pechará o programa os días 20 e 27 de maio quedando fixada a reunión coas familias o día 2 de xuño.
O programa Educando na Igualdade financiase cos fondos propios da Concellería de Servizos Sociais e da Concellería de Igualdade, neste caso a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará