Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas pide “non alarmar” nin magnificar o problema da seguridade en Redondela

RR_Noticias

A alcaldesa recoñece que se ten detectado un incremento no número de roubos que están a afectar a toda a provincia “sábese que hai bandas itinerantes que teñen cometido roubos en diferentes concellos da provincia, tamén en Redondela” e asegura que para garantir a seguridade dos veciños “reforzouse a presenza policial, tanto nos cascos urbanos como nas parroquias”. Lamenta que o PP “lonxe de realizar unha oposición construtiva se dedique a alarmar á cidadanía”.

Desvincula completamente a alcaldesa de Redondela o hipotético incremento no número de roubos cometidos nos últimos meses no noso concello, denunciado dende o PP, coa reestruturación da Policía Nacional levado a cabo en maio do pasado ano. Lembra neste sentido que os últimos datos aportados na Xunta Local de Seguridade reunida en outubro, confirmaba que a integración da Policía Nacional nos servizos de radiopatrullas de Vigo xunto a actuación durante 24 horas dun coche patrulla na localidade supuxeran unha mellora nos servizos policiais, cun incremento do 111% en canto ao número de servizos prestados en comparación con 2018. En todo caso, explica que o goberno local está pendente dun informe pormenorizado para estudar máis polo miúdo a situación e confirma que se incrementou o número de operativos, tanto da policía local como nacional, que patrullan polo municipio “unha maior presenza policial que busca mellorar a vixilancia”. Conclúe Rivas lamentando a “política de alarmismo” que están a desenvolver os populares aos que lles afea que na vez de realizar unha oposición construtiva de dediquen a magnificar o problema.  

Digna Rivas alcaldesa
Explica que se incrementou a presenza policial
Fuxir do alarmismo
Critica o comportamento do PP neste asunto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará