Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Do lixo ao salón: arte creativo funcional

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira pecha esta semana unha pequena exposición na que se recollen algún dos traballos realizados por Inda Fernández. Pezas de “arte creativo funcional” como el mesmo define, e que consiste en dar unha segunda vida a mobles que polo seu estado xa non son útiles pero que podemos reconverter con creatividade e traballo. A exposición remata o vindeiro día 29 pero está en marcha a realización de diferentes obradoiros que permitirán aos seus participantes familiarizarse coas ferramentas e elaborar as súas propias obras de arte.

Traballar con ferramentas forma parte do día a día de Indalecio Fernández, pero máis aló dos traballos de bricolaxe e arranxos indispensables necesarios en calquera vivenda, decidiu dar unha segunda oportunidade a mobles e outro tipo de materiais que recicla e reutiliza para reinventalos e darlles unha nova vida. Unha bombona de butano reconvertida en butaca, un barril de madeira que se reutiliza como moble bar ou un percheiro realizado a partir dunha barra de fútbolín, son tan só algunhas das obras que ata fin de mes podemos ver na entrada do multiúsos. Unha exposición de “arte funcional” como a denomina o seu autor, coa que quere amosar como calquera cousa pode volver ter unha nova vida útil. Unhas intervencións que serven para recuperar pezas que están esquecidas nos fallados, que topamos no lixo ou nalgún mercadiño. Obxecto en moitos casos en mal estado que podemos reconverter en “obxectos artesanais e funcionais”. En colaboración co Concello, organiza de cara a vindeiras datas un obradoiro que ten dous obxectivos: que os participantes se familiaricen con ferramentas básicas como poida ser un taladro, o que lles permitirá facer pequenas reparacións na casa, pero tamén que deixen voar a súa creatividade para crear ou reformar obxectos. Algúns dos traballos que saian do obradoiros formarán parte da próxima edición do Artelixo.    

Inda Fernández artista
Explica en que consiste a Arte funcional
Obradoiros de reciclaxe creativa
Os participantes aprenderán a usar as ferramentas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará