Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Normalización Lingüística organiza cinco obradoiros para público infantil dentro do programa “Apego”

RR_Noticias

O espectáculo musical “Té, café, chocolate” de Golfiños será o encargado de abrir, o 28 de febreiro, esta nova edición do programa que se desenvolverá os últimos venres de mes ata xuño. As actividades son de balde e a primeira das propostas terá lugar no Multiúsos da Xunqueira o último venres do mes ás 18:00 horas.

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela presentou o calendario de actividades que, ata o verán, se desenvolverán na nova etapa do programa Apego, unha iniciativa que busca a promoción da lingua galega nas idades máis novas e que mestura música infantil con obradoiros dirixidos a nais e pais ou obradoiros ilustrados e didácticos.
As actividades de Apego desenvolveranse todos últimos venres de mes con entrada de balde. Tras “Té, café, chocolate” programada para este mes, a seguinte cita será o 29 de marzo, tamén ás 18 horas, con “As parábolas” a cargo de Pakolas. Xa no mes de abril, o día 24 ás 16:30 horas, terá lugar un obradoiro de movemento libre e acompañamento.
A compañía Migallas Teatro ofrecerá o 29 de maio ás 18 horas, un espectáculo titulado “Un berce cheo de contos” e, finalmente, o programa pecharase o 26 de xuño ás 18 horas, co contacontos de Pablo Díaz.
A alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas adiantou a intención do seu departamento de “achegar o programa Apego ás parroquias, de xeito que todos os veciños e veciñas, independentemente do seu lugar de residencia, poidan ter acceso a esta iniciativa de dinamización lingüística que promove o Concello”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará