Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Monte da Peneda, primeira parada para coñecer o patrimonio cultural de Redondela

RR_Noticias

O Concello recupera o programa de roteiros por diferentes enclaves da nosa contorna co obxecto de poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela. Guiados polo arqueólogo Xurxo Constela, os participantes nesta primeira andaina, o domingo 1 ás 10:00 horas, coñecerán os diferentes enclaves arqueolóxicos situados no Monte da Peneda.

A Peneda é unha das xoias arqueolóxicas do concello. Alí atopamos petróglifos, os restos do Castro e o Castelo de Castrizán ou a Ermida. Xurxo Constela será o encargado de achegar máis datos sobre a cultura castrexa, a Idade do Ferro Galega, o emprazamento, a vida e costumes, as canteiras que afectaron ao castro, da ermida, do castelo e as vinculacións con Pedro Álvarez de Soutomaior. Unha actividade que non precisa prescrición, só aparecer ás 10:00 do domingo 1 de marzo, no camiño de subida ao Castro, en Saramagoso.
As próximas citas serán o 29 de marzo cunha ruta por Soutoxuste e o 26 de abril, data na que se realizará unha ruta polo Camiño de Santiago Portugués aos seu paso polo norte do Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará