O conxunto redondelán perdeu ante o Silva (2-0) nun partido marcado pola polémica. Nas demais categorías do fútbol empate para o Arcade, e victoria do Atl Vilar ante o Gondomar. en fútbol sala gañaron Redondela, Campito e Arealonga. No balonmán triunfo para o Rodosa Chapela e empate da SAR Plastic Omnium.
Terceira División
Silva 2-0 C.D. Choco
O primeiro dos goles locais foi de penalti, dubidoso, e o segundo resultado dun erro no despexe de Cortegoso. O adestrador, “Gonza” e o porteiro suplente, Sergio, foron expulsados por protestar, ao que hai que sumar o cartón amarelo do delegado, Agustín. O resultado pon fin a un refacho de resultados positivos que acumulaba o equipo redondelán, con cinco xornadas sen perder. O capitán do Silva, Marcos, transformou a pena máxima logo da derriba de Sergio Santos. E ao fío do descanso, un erro de despexe de Cortegoso supuxo o 2-0. Na segunda parte o Choco dominou o xogo, pero case sen ocasións. A máis clara foi un remate de Comis que despexou Damián. O resulado deixa ao Choco como 5º clasificado, máis lonxe dos postos de promoción de ascenso. O domingo recibirá en Santa Mariña aoVilalbés (9º).
Primeira Galega
Santa Mariña 0-0 Arcade
Reparto de puntos entre dous rivais directos nun partido sen goles. O Arcade, que é 10º, recibirá na próxima xornada á Guía, no Salgueirón, co conxunto vigués na 7ª praza.
Segunda Galega
Marín 4-1 Cesantes
O Cesantes segue como pechacancelas logo dunha contundente derrota no campo do Marín. O domingo reciben ao Mosteiro.
Atl Vilar 4-0 Gondomar
Os de Vilar fixéronse fortes en San Martiño, onde superaron de xeito contundente ao Gondomar. Agora son 12º, coa salvación case asegurada. O domingo repiten como locais ante o Matamá.
Terceira Galicia
Chapela 0-1 Lavadores
O Chapela perdeu pola mínima ante o Lavadores nun partido moi igulado. O resultado deixa aos redondeláns moi afastados dos postos de cabeza e despídense do obxectivo de loitar polo ascenso. Na próxima xornada visitan o campo do Vincios, situado na parte baixa da táboa.
Teis 5-1 Nespereira
Na próxima xornada dispútase o Nespereira-Independiente
Futbol Feminino 1ª Liga Galega
O Val 5-1 Arcadia
As de Soutomaior sufriron un duro revés no campo do Val, e o Arcadia é agora 9º. Na próxima semana reciben no Salgueirón ao Valadares, coas viguesas na parte baixa da táboa.
Fútbol Sala
Terceira División
Lugo Sala 6-2 Pazos de Borbén F.S
Os lucenses puxeron fin á excelenta racha dos de Fran Amoedo, que encadeban oito vitorias consecutivas. O Pazos mereceu máis, e acabou goleado, malia que p equipo pelexou ata o final. Agora terán xornada de descanso, o 14 de marzo recibirán ao ED Vigo 2015.
Preferente Sur
Redondela Maramar 8-1 Coles
Contundente victoria dos redondeláns, que seguen preto dos postos de cabeza. Na próxima xornada dispútase o Quinta de Tui-Redondela Maramar, no Pavillón Novo de Tui
Teis 2-9 Campito
Os de Chapela fixéronse co derbi comarcal cun abultado marcador. Na próxima xornada reciben ao Balona Linense no pavillón Manuel González Soto.
Primeira Galicia
Arealonga Const.Castro 2-0 Club Cios Vigo Mondariz
O Arealonga segue como líder indiscutible logo dunha axustada victoria ante o 2º da táboa, o Club Cios Vigo Mondariz. Esta fin de semana xogan en Vigo, na pista do Beade “B”
Balonmán División de Honra Prata Feminina
Oviedo 22-17 SAR Rodavigo
O conxunto redondelán puxo fin á boa xeira de resultados en Asturias, ante o Oviedo, líder da categoría. Gran traballo das de “Chini” que mantiveron o marcador moi igualado ata os últimos minutos. A próxima fin de semana reciben en Redondela a outro dos “ósos”, o Puerto del Carmen, 2º na táboa.
Primeira Nacional
Rodosa Chapela 33-25 Ingenio
Novo triunfo dos de Fran Teixeira que se engancha á pelexa polos postos de promoción de ascenso. Superou ao Ingenio e ponse 3º, empatado a puntos co Lalín, que é 4º, e a tan só 1 punto do 2º, Ampate Lanzarote. Esta fin de semana viaxan a Pontevedra pare medirse ao Teucro.
Primeira Autonómica
C.Ourense 28-28 SAR Plastic Omnium
Os de Pablo Muiños dmanteñen o liderado malia non pasar do empate no partido disputado en terras ourensás. Esta fin de semana recibe en Redondela ao Culleredo, 2º clasificado, ao que avantaxa en 2 puntos, cos de Redondela cun partido menos disputado.