Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de empresarios anima aos comerciantes a modernizar os seus locais

RR_Noticias

Un convenio co colectivo empresarial permitirá aos comerciante contar co proxecto dunha interiorista e experta en visual merchadising, que será a encargada de analizar os espazos e orientar da mellor colocacións dos produtos ou da configuración do espazo de venta. Este novo convenio ven acompañado con acción formativas en escaparatismo e paquetería.

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de presentar un novo convenio para facilitar aos asociados a modernización dos seus establecementos. A través deste convenio tamén se facilita a tramitación de axudas a da dirección xeral de comercio nas que é necesario contar co proxecto dunha interiorista para poder levar a cabo os proxecto de modernización integral do local.
Un convenio que conta coa colaboración de Patricia Maquieria, quen ademais de interiorista é experta en visual merchandising e conta con unha longa experiencia e traxectoria profesional o que lle confire importantes coñecementos para a configuración dos novos espazos de venta, análise dos puntos fríos e quentes dentro da tenda, a colocación do produto segundo a súa tipoloxía, etc.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará