Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Información contra a “coronahisteria”

RR_Noticias

En Redondela a poboación, en xeral, amósase tranquila e non existe unha ” alarma xeralizada” polo coronavirus. A situación normalizouse nas farmacias locais logo de que nas primeiras semanas cundise o pánico en parte da poboación, o que provocou o desabastecemento de máscaras de protección e xel desinfectante. Os farmacéuticos informan aos clientes para evitar a “histeria”. Lembran que o máis importante é “unha boa hixiene das mans”.

Hai semanas que convivimos a diario coa información sobre o COVID-19, un virus cuxos síntomas son febre e tos. O primeiro brote deuse na China e extendeuse a outros países, entre eles España. En Galicia haio rexistrados 18 casos. Pero máis rápido que o virus está a propagarse “a histeria” entre gran parte da poboación. A desinformación e os bulos que circulan por internet teñen a culpa. Nas farmacias redondeláns a situación está agora “máis calmada”, logo de que as primeiras semanas cundise o pánico entre parte da poboación, o que provocou o desabastecemento de máscaras de protección e xel desinfectante. Fabián, farmacéutico do despacho de Giménez de Azcárate, lamenta que “a histeria” pola desinformación da cidadanía provoque o desabastecemento destas máscaras “con prexuízos para enfermos graves”. O persoal das farmacias, ademais de despachar os produtos, tamén intentan asesorar aos veciños “para evitar a alarma”. Advirten que se trata dun virus semellante á gripe común e que o máis importante é “unha boa hixiene para evitar contaxios”, como explica Miguel, da farmacia Pereira Lima. Sector Turístico Noutro sector onde se está a notar a incidencia do virus é no do turismo. As axencias comezaron a recibir cancelacións de viaxes. No caso de Airbus, con oficina en Redondela, a propia axencia decidiu suspender unha viaxe organizada á Toscana, por ser Italia un dos países máis afectados polo coronavirus. Con todo, a súa responsable sinala que non hai “demasiada preocupación”. Tere explica que desde a axencia asesoran aos viaxeiros, pero que a decisión de viaxar ou non “debe tomala o cliente”. Advirte que o seguro “non cubre os gastos” mentres non exista unha prohibición expresa das autoridades para viaxar ao destino elexido. Normalidade entre os veciños En xeral os veciños están tranquilos, seguen a facer vida normal. É o caso de Ernesto, quen entende que a alarma é “esaxerada”, e compara a enfermidade “cunha gripe”. Os máis preocupados son as familias con nenos pequenos e tamén as persoas maiores. é o caso de Teresa que, malia rexeitar “alarmas”, si se amosa”preocupada” e comezou a extremar as medidas de precaución. Entende que produtos como o xel desinfectante “hai que empezar a usalo” e tamén “evitar dar bicos” para previr contaxios. Recomendacións da OMS A Organización Mundial da Saúde (OMS) elaborou unha serie de recomendacións para manter informada á poboación. Hai que lavar as mans frecuentemente cun desinfectante de mans ou con auga e xabón. Tamén cubrir a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar co cóbado ou cun pano, e logo tiralo. Como precaución manter “o distanciamento social”, polo menos 1 metro de distancia entre vostede e as demais persoas, particularmente aquelas que tusan, esbirren e teñan febre.

Fabián farmacéutico
Lamenta que "a histeria" pola desinformación provoque o desabastecemento das máscaras de protección "con prexuízos para enfermos graves".
Miguel farmacéutico
O persoal das farmacias asesora aos clientes "para evitar a alarma".
Cancelacións de viaxes
A axencia de Airbus en Redondela cancelou unha viaxe a Italia.
Veciños tranquilos
En xeral os veciños están tranquilos seguen a facer vida normal. É o caso de Ernesto quen entende que a alarma é "esaxerada".
Medidas de prevención
Teresa malia rexeitar "alarmas" si se amosa"preocupada" e comezou a extremar as medidas de precaución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará