Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP presenta unha proposición non de lei para impulsar a creación da Comisaría de Distrito

RR_Noticias

O exalcalde e deputado do PP, Javier Bas xunto co seu compañeiro no parlamento Diego Gago rexistraron no Congreso dos Deputados esta proposición non de lei para o seu debate na comisión de Interior. Unha demanda en paralelo á convocatoria de concentración feita dende a Plataforma Cidadá que reivindica o reforzo da policía nacional. A mobilización estaba convocada para a tarde deste venres na Alameda, pero finalmente foi suspendida debido a crise do  coronavirus.

A proposición non de lei presentada polos populares reclama que se impulse a creación da Comisaría de distrito en Redondela, medida apoiada polos sindicatos policiais maioritarios da provincia así como polo pleno do Concello quen aprobara unha moción neste sentido o pasado ano.
Reclaman que esta comisaría estea dotada dun grupo de atención ao cidadán, un grupo operativo da policía xudicial, unha oficina de denuncias e atención ao cidadán con capacidade para a tramitación dos detidos e unha unidade de atención en casos de violencia de xénero. Tamén reclaman que teña servizo de expedición do DNI e Pasaporte.
A Plataforma que tiña convocada unha concentración para mañá venres na Alameda como medida de presión para demandar tamén este servizo, decidiu finalmente suspender a protesta “ante a situación de urxencia que está xerando a expansión do Covid-19”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará